CRTVG

Buscar

Silleda acolle esta fin de semana o III Salón Motor Ocasión

Publicado o 07/03/2020 12:40

A maior exposición de vehículos de segunda man de Galicia pode visitarse esta fin de semana en Silleda. Neste III Salón Motor Ocasión expóñense máis de 1.300 vehículos. Vai aínda pola terceira edición, pero este certame xa se consolidou como a exposición de vehículos de ocasión máis grande de Galicia. Son 29.000 metros cadrados para acoller 1.300 vehículos de moitas gamas e prezos.
 
Porches, Rolls Royces, Ferrarys e Maseratis comparten espazo con gamas máis accesibles. Os descontos de feira son un bo reclamo. Este ano 37 concesionarios multimarca exhiben os seus vehículos, chamados polas máis de 400 vendas acadadas na edición pasada.

Hai xa empresas en lista de espera para participar na cuarta edición. Iso será dentro dun ano, esta remata este domingo.

Noticias web

07/03/2020