CRTVG

Buscar

Silencio sobre como van as negociacións na crise interna aberta en Democracia Ourensana

Publicado o 28/08/2020 10:33

Os últimos acontecementos relativos a crise pola que está a pasar a formación de Democracia Ourensana sucedéronse nun hotel da cidade. Hai moito malestar dentro do grupo. Ao parecer, todos os edís menos un son críticos coa xestión que fai o alcalde das achegas que tanto concelleiros coma persoa de confianza teñen que entregar ao partido. Entre os críticos o voceiro da formación, Miguel Caride.

O sete edís de Democracia Ourensana estiveron reunidos máis dunha hora neste hotel. Do que sacaron en limpo non se sabe nada. Silencio absoluto. Ao parecer, niso quedaron. Chegaron a un pacto para non facer declaracións aos medios ata que haxa algún acordo sobre a mesa que remate con esta crise interna.

Unha crise producida pola suposta opacidade nesas achegas pero tamén polo malestar dalguns concelleiros que acusan a Jácome de invadir as súas competencias. O alcalde xa avanzou en redes sociais que non entende a polémica e no relativo ás achegas escribiu que todos os partidos reciben doazóns dos electos e do persoal de confianza.

Noticias web

28/08/2020