CRTVG

Buscar

Silencio para escoitar o exceso de ruído que nos rodea

Publicado o 28/04/2021 21:14

O exceso de ruído está presente no día a día das cidades. Tráfico, obras e mesmo ocio conlevan unha contamación acústica que está a provocar que cada vez se diagnostiquen máis problemas de perda de audición. Unha vez que se produce é irreversible por iso é importante previr. Para iso os expertos aconsellas facer controis auditivos de xeito periódicos e evitar risco como escoitar a música a un volume moi alto. Din que o uso do auriculares está a incrementar o número de mozos con problemas auditivos. 

Pero ademáis o exceso de ruído tamén está detrás de outras enfermidades como o insomnio, o estrés e mesmo certas doenzas cardíacas. Por iso no Día Internacional de Conciencia sobre o Ruído, que se celebra dende hai 25 anos, a Sociedade Española de Acústica propón 60 segundo de silencio para escoitar o que acontece o noso redor.