Silencio nunha Ortigueira sen festival celta
Publicado o 14/07/2020 15:40
Sorprende o silencio do piñeiral da acampada baleiro. E mirando as rúas de Ortigueira volve sorprender este silencio nos días que agardaban milleiros e milleiros de visitantes entregados á música celta.
Pero este xullo non hai aquí máis escenario principal ca a obrigada precaución. No espírito do festival habita a idea de se xuntar, de compartir, de aí a decisión de cancelalo. O ano que vén durará un día máis. Iso é o previsto.