CRTVG

Buscar

Sigue a fase de ascenso a Segunda e Segunda B na tvG2

Publicado o 19/05/2017 14:55

En Pontevedra, o estadio de Pasarón prepárase para albergar mañá unha das mellores entradas da temporada. Chegou a hora da verdade. Comezan as fases de ascenso.

Na fase de ascenso á segunda división, o Pontevedra recibe mañá pola tarde o Murcia. Poderán velo en directo na TvG2. O Celta B recibe o domingo o filial do Valencia.

E na fase de ascenso á 2ª B, a TvG2 emite tres partidos. O Cerceda - Jerez de los Caballeros; o Cacereño - Deportivo B e o Bergantiños - Badaxoz. O Rápido de Bouzas visita o domingo o Cayón cántabro. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2017