CRTVG

Buscar

O 'Chicle' agarda por un novo avogado despois da renuncia de Sierra por "honestidade"

Publicado o 12/01/2018 21:00

Despois da renuncia de Ramón Sierra a José Enrique Abuín ¨O Chicle" váiselle asignar outro avogado. Tal e como afirmara reiteradamente José Ramón Sierra renunciou a defender o Chicle unha vez confirmado que este mente.

Descartada a morte por atropelo polo informe da autopsia Sierra visitaba hoxe persoalmente o seu cliente para comunicarlle a súa renuncia. Estivo co Chicle unha hora e explicou que deixa o caso por honestidade e por falta de confianza no seu cliente. Afirmou para para poder exercer é necesario crer no se que está facendo.

 Dixo tamén que o Chicle non tivo ningún contacto coa súa familia dende que está na cadea e que dúbida que vaia participar na reconstrución dos feitos que pide a acusación particular.

José Ramón Sierra acudía ao carcere da Lama para comunicarlle oficialmente a José Enrique Abuín que renunciaba a defendelo. Apelando ao segredo profesional, Sierra non deu detalles do que falou co autor confeso da morte de Diana Quer durante a hora que durou o encontro. Pero explicou que abandona o caso porque non confia na liña de defensa. 

Sierra xa lle trasladou tamén a súa decisión ao xulgado número 1 de Ribeira que instrúe o caso.  Ramón Sierra dixo tamén que dubida de que o Chicle se preste a participar na reconstrución dos feitos que solicita a acusación particular tendo en conta que ata agora se acolleu ao seu dereito a non declarar. Tamén dixo que dende que está na cadea non tivo ningún contacto coa súa familia.  


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018