CRTVG

Buscar

Siemens Gamesa pechará a súa planta en Aoiz (Navarra), con 239 empregados

Publicado o 30/06/2020 22:26
Siemens Gamesa pechará a súa planta en Aoiz (Navarra), con 239 empregados


Siemens Gamesa pechará a súa planta de enerxía eólica de Aoiz (Navarra), onde traballan 239 empregados, por mor "dos seus altos custos e a súa localización xeográfica, a máis de 200 quilómetros do porto máis próximo", que, segundo a empresa, "fan inviable a súa competitividade para a exportación".

Nun comunicado á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), Siemens Gamesa Renewable Energy Eólica (SGRE Eólica) anunciou este martes "a súa intención de iniciar un procedemento de despedimento colectivo para proceder á extinción do centro de traballo/fábrica en Aoiz".

A empresa anunciou recentemente a rescisión dos setenta contratos eventuais que tiña en Aoiz e os tres da de Cuenca, o cal incrementou a preocupación dos sindicatos polos plans de futuro da compañía para ambas as factorías, que centran a maior parte da súa actividade na reparación e o mantemento de pas eólicas. 

Noticias web

30/06/2020