CRTVG

Buscar

Sidra ecolóxica e de sabores, de Chantada para o mundo

Publicado o 13/02/2018 15:19

 

A sidra galega está a conquistar os mercados internacionais. E faino apostando pola calidade e a innovación, con sidras ecolóxicas e de sabores como a amora ou a ananás.

De sempre Galicia foi terra de moita e boa mazá de sidra. Pero case toda marchaba fóra.

O nacemento desta sidrería, que só recolle mazá galega, axudou a recuperar e profesionalizar o cultivo, hoxe son 1.000 os produtores que a abastecen. Durante 5 meses a mazá sométese a un proceso de fermentación natural que a transforma en sidra. Mellor dito, sidras, porque aquí fan 9 sabores diferentes. 

Producen dous millóns de litros anuais que venden en 47 países. Están en plena expansión e por iso fomentan novas plantacións no país, mellor se son ecolóxicas, porque é o selo máis recoñecido e demandado na exportación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018