Shibasaki recoñece que non está contento co seu rendemento
Publicado o 24/09/2019 18:40
Gaku Shibasaki foi unha das grandes apostas do Deportivo. O xaponés non está contento de como lle vai, nin no colectivo nin no individual.
O nipón recoñece que el tampouco está satisfeito co seu rendemento nos primeiros partidos de Liga. Pensa que, ao igual co equipo, pode dar máis e quere dar máis.
Así e todo, non dubida do paso que deu vindo á Coruña: "Non teño dúbida ningunha nin arrepentimento por elixir este camiño", asegura.
No seu escaso español, afirma que o problema non é de comunicación: "Non teño moitas palabras, pero hai que falar cando teño que falar. Entendo todo", apunta.
Só falta, xa que logo, que apareza a súa mellor versión.