CRTVG

Buscar

Shakira suspende o seu concerto na Coruña por problemas nas cordas vocais

Publicado o 14/11/2017 12:37
Shakira suspende o seu concerto na Coruña por problemas nas cordas vocais

A cantante Shakira suspendeu finalmente o seu concerto na Coruña, previsto para o 23 de novembro no Coliseum. A cantante viuse obrigada a suspender todos os concertos programados este ano en Europa, incluídos na súa xira 'El Dorado'. Os eventos foron aprazados por recomendación médica, xa que a artista colombiana sofre dunha hemorraxia nas cordas vocais.

Nun principio, as entradas para o concerto da Coruña valerán para a nova data que se programe, aínda sen confirmar. Aínda así, aquel que estea interesado en devolvelas terá a posibilidade: habilitaranse canles a través dos cales recuperar o diñeiro.

Shakira non actuaba en Galicia desde hai once anos, cando no 2006 acudía tamén ao Coliseum da Coruña co 'Tour Fijación Oral'.

A produtora Live Nation France publicou unha mensaxe nas redes sociais na que informa de que "Shakira está triste de non poder atoparse cos seus fans e agradece o cariño" e aseguran que os concertos se celebrarán noutras datas. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí