CRTVG

Buscar

Sexta vertedura no río Barbaña ao seu paso por Ourense no que vai de verán

Publicado o 10/08/2018 14:11

Nova vertedura no río Barbaña ao seu paso pola cidade de Ourense.

É a sexta agresión detectada por cidadáns este verán. Desta volta deron a voz de alarma ao ver escuma á altura de La Molinera. Os técnicos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil estiveron onte percorrendo o curso para recoller mostras que xa foron enviadas ao laboratorio para saber se se trata dunha vertedura tóxica e abrir un expediente sancionador se así fose. Tamén se están a analizar as augas da EDAR de San Cibrao para investigar se é outro derramo ilegal dunha empresa do polígono industrial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018