CRTVG

Buscar

Sexo e diñeiro tras o crime orquestrado supostamente pola viúva negra de Valencia

Publicado o 19/10/2020 14:15

O sexo e o diñeiro rodean o crime supostamente orquestrado pola coñecida como viúva negra de Valencia.

Hoxe ten lugar a terceira sesión deste mediático xuízo que se segue contra a muller acusada de planificar o asasinato do seu home, Antonio Navarro, e de convencer o seu amante para levalo a cabo.

A Fiscalía relatou que a finalidade do crime era cobrar unha pensión de viuvez de 1.600 euros ao mes, ademais de quedar coa vivenda que compartía o matrimonio e de cobrar un seguro de vida que tiña a vítima.

Noticias web

19/10/2020