CRTVG

Buscar

Setién, o elixido para substituír a Valverde no banco do Barça

Publicado o 13/01/2020 21:41

O Barça xa lle comunicou a Valverde que non continúa á fronte do equipo. E o elixido para substituílo é Quique Setién. O cántabro, ex do Lugo, foi o candidato escollido despois dun día frenético en Can Barça, que comezaba coa reunión entre Valverde e Bartomeu pola mañá e acababa hai unhas horas coa Xunta Directiva. Setién asinará ata final de temporada tras as negativas de Xavi e Koeman. O que aconteza a partir de xuño será outro cantar.

Ernesto Valverde abandonaba as instalacións do Barcelona despois de reunirse co presidente Bartomeu. Antes, dirixiu o último adestramento do actual líder da liga e aspirante aos tres títulos.

Cuestionado polas eliminacións nas dúas últimas Ligas de campións, curiosamente a Supercopa de España foi a sentenza de Valverde. Primeiro polo fracaso propio pero agravado polo triunfo do Real Madrid. Así falaba tras a eliminación ante o Atlético.

Bartomeu reuniuse pola tarde cos seus directivos, mentres circulaba o nome dos posibles sucesores. Con máis forza, o de Quique Setién. Quen fora adestrador do Lugo seis temporadas, ata 2015, e despois técnico das Palmas e o Betis terá as súas ordes a Messi e o reto de gañalo todo co Barcelona.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2020