Setembro pecha con 10 mortos menos nas estradas galegas ca no 2018

Baixa a sinistralidade viaria en Galicia no mes de setembro. O mes pechou con cinco falecidos, fronte aos 15 que morreran en accidente nas estradas galegas no mesmo mes de 2018.
Segundo os datos que fixo públicos hoxe a DXT, no mes de setembro a sinistralidade viaria reduciuse case un 67 por cento con respecto ao ano pasado. Houbo 5 accidentes mortais, cando no mesmo período de 2018 se rexitraron 15, e o mesmo número de falecidos.
As provincias de Lugo e Pontevedra foron as que rexistraron os maiores descensos, ata o punto de que durante setembro non houbo ningunha vítima mortal nesas dúas provincias.
No que vai de ano rexistráronse 68 falecidos en 62 accidentes de tráfico en Galicia, fronte aos 75 falecidos do total de 2018. O descenso foi do 9 por cento.