CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Setembro, mes de coleccionables, pero cada vez menos

Publicado o 12/09/2018 15:29

O comezo do curso escolar semella o principio do ano, cheo de boas intencións para a nova etapa que comeza. Hai negocios que o saben moi ben, por exemplo, as editoriais de todo tipo. Así que este é tamén o mes en que saen os primeiros números dos coleccionables.

Os quioscos ofrecen neste mes uns novos produtos que esixen, ademais dos cartos para mercalos, certa fidelidade periódica.

Os quiosqueiros saben ben que as vendas baixan dende o primeiro número. Este veterano do sector asegura que os bos tempos dos coleccionables xa pasaron.

Pois si, houbo unha época en que mesmo o saber se mercaba por fascículos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí