CRTVG

Buscar

Setembro é o mes no que se rexistran máis divorcios en España

Publicado o 11/08/2019 15:08

Tres de cada dez divorcios en España asinanse en setembro. A convivencia da parella durante as vacacións parece ser en moitos casos a gota que enche o vaso. Con todo estamos aínda en agosto e os profesionais dannos algunhas pautas para superar as tensións e conflitos.

A convivencia vacacional incrementa os riscos de ruptura da parella. Unha viaxe ou uns días de descanso compartidos, lonxe de arranxaren as tensións poden acentualas. Así o demostran os datos estatísticos. O 30 por cento dos divorcios en España asínanse tras o verán.

Emma Pracer, Terapeuta e sexóloga "Estou máis tempo coa miña parella e fíxome máis en cousas e, como tendemos a fixarnos nas cousas malas máis, defectiños que antes ata me parecían simpáticos agora empezan a molestarme".

Din os expertos, que os cambios de rutinas nas vacacións facilitan tamén as infidelidades, "máis tempo libre, máis manexamos as redes sociais e o móbil e máis posibilidades, porque agora danse máis infidelidades en tema virtual".

Para superar unha crise, os profesionais aconsellan evitar a preguiza, as desculpas e o ocio pasivo. "Un pouquiño máis de actividade, máis de diversidade, tamén sexual, cambiar un pouco as nosas rutinas e sobre todo evitar as escusas. Se algo non me gusta vou mirarme a min a ver que podo facer para axudar ao outro".

Dinamarca obriga as parellas que queren divorcirse  a asistir, durante tres meses, a terapia matrimonial.

 

 

Noticias web

11/08/2019