CRTVG

Buscar

Sete usuarios de residencias dan positivo en coronavirus sen presentar apenas síntomas

Publicado o 13/07/2021 14:59

Tamén hai casos de coronavirus nas residencias de maiores. Os últimos apareceron na de Campolongo, en Pontevedra, onde se vai realizar un cribado hoxe mesmo. Afortunadamente, grazas ás vacinas, son casos moi leves. De feito, os contaxios deron a cara porque un dos residentes tivo algo de febre. En total, en Galicia agora mesmo hai sete anciáns de residencias que deron positivo.

Cinco detectáronse en Betanzos despois de que un traballador da residencia dese positivo, e os últimos dous casos rexistráronse na residencia de Campolongo. Como todos os residentes, contaban xa coas pautas de vacinación completa, polo momento os infectados son asintomáticos ou presentan síntomas leves e agárdase que poidan pasar a covid sen que requiran hospitalización.

Os sete positivos permanecen illados nas residencias, mentres que os centros manteñen a actividade normal con todas as medidas de seguridade.

 

 

 

Noticias web

13/07/2021