CRTVG

Buscar

O corredor do Morrazo cortarase durante sete meses

Publicado o 30/09/2017 09:49

A partir do vindeiro luns, sete quilómetros do corredor do Morrazo entre Domaio e Meira pecharanse ao tráfico durante sete meses para o remate das obras de conversión en autovía. Os traballos que faltan son a ampliación do viaduto da Mó e a reforma do túnel de Montealegre, cunha actuación excepcional para preservar un castro. A conselleira de Infraestruturas supervisou as obras e mantivo unha xuntanza cos alcaldes do Morrazo para acordar fórmulas que faciliten a mobilidade. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2017