CRTVG

Buscar

Sete quilómetros de praia fan da de Carnota o areal máis grande de Galicia

Publicado o 01/08/2019 17:08


É o areal máis extenso de toda a costa galega. Máis de sete quilómetros de area fina e branca que baña os pés de quen a pisa.

Coa baixamar, 500 metros de ancho nalgúns treitos, e, ás nosas costas, protexéndonos, a zona dunar e de marismas. Dende alí, ollándonos, unha rica fauna e flora con numerosas especies de aves migratorias. Zona de Especial Protección para elas, para que se manteña esta riqueza biolóxica e paisaxística.

No corazón do areal, a desembocadura do río Vadebois ofrece un grande espectáculo na chamada Boca do Río. A praia de Carnota, acariciada por fortes ventos e brisas costeiras, é un paraíso, case perdido, de augas cristalinas e de natureza practicamente virxe.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/08/2019