CRTVG

Buscar

Sete proxectos galegos aspiran a captar 550 millóns dos fondos Next Generation e a crear mil empregos

Publicado o 05/03/2021 21:18

A Cadea Agro-Mar-Industria de Galicia presenta sete proxectos para captar 550 millóns de euros dos fondos europeos Next-Generation e crear mil postos de traballo novos.O presidente da Xunta presentounos hoxe recalcando que o liderado europeo da pesca galega ben merece que o goberno de España estude os proxectos con atención e os inclúa nos que presente en Bruxelas. A cadea galega Mar-Industria procura acceder aos fondos europeos Next Generation para consolidar o seu liderado con proxectos que van da eficiencia enerxética á trazabilidade dos produtos de calidade con orixe en Galicia."Son sete iniciativas empresariais que supoñen cincocentos cincuenta millóns de euros de investimento e a creación de mil postos de traballo ex-novo. Son proxectos que buscan a integración de inciativas Agro-Mar-Industria, que buscan a colaboración entre as grandes empresas e as PEMES galegas", di Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

As candidaturas galegas a seren seleccionadas por Moncloa para acceder aos fondos europeos inclúen un proxecto de ANFACO de 300 millóns de euros para envasado sustentable, uso de enerxía renovable e mellora da trazabilidade. JEALSA outro de 100 millóns cunha biorrefinaría mariña, factoría intelixente e loxística. CEAMSA 43 millóns para facer fertilizantes coas cunchas dos mexillóns; Profand seguridade na comercialización do peixe fresco, NuevaPescanova acuicultura e a Xunta apadriña senllos proxectos de venda telemática para as lonxas máis pequenas e máis un criadeiro experimental de moluscos.


 

Noticias web

05/03/2021