CRTVG

Buscar

Sete positivos vencellados ao gromo do cámping de Muros

Publicado o 17/08/2020 16:16

En Muros segue medrando o número de positivos vinculados ao gromo do cámping de San Francisco de Louro. En total, polo momento, hai sete positivos.

"Despois de pasar un días duros, chegaron boas noticias: as 69 PCR que se realizaron onte deron todas negativo. Así, agardamos poder abrir axiña con total normalidade", di Rosa Figueroa, a xerente do cámping.

Na provincia de Ourense, concretamente no concello de Laza, rexistrouse nas últimas horas un novo gromo de coronavirus vencellado ao positivo dun home de 54 anos. No rastrexo dos contactos detectáronse cinco casos vinculados a el. Os seis están illados nas súas casas e en seguimento polos profesionais sanitarios dos seus centros de saúde.

"Aínda non se coñece a orixe do gromo. Arestora estase a facer o rastrexo para saber se é necesario realizar probas PCR para descubrir posibles contaxiados", explica Moncho Barreal, alcalde de Laza.

Na pronvincia de Lugo, esta fin de semana, deuse a coñecer un novo gromo en Pedrafita do Cebreiro, na parroquia de Fonfría, por onde pasa o Camiño de Santiago. De 34 veciños que son, seis deron positivo.

Noticias web

17/08/2020