CRTVG

Buscar

Sete persoas faleceron este venres en Galicia a causa da covid-19

Publicado o 16/10/2020 19:24
Sete persoas faleceron este venres en Galicia a causa da covid-19

Sete persoas diagnosticadas de coronavirus faleceron este venres en Galicia. Trátase de tres homes de 92, 84 e 97 anos que estaban ingresados no Hospital de Verín; unha muller de 87 anos que estaba ingresada no Hosptial Álvaro Cunqueiro de Vigo; e dous homes de 77 e 92 anos e unha muller de 90 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario de Ourense.

O Sergas informa que os homes de 92 anos e de 84 anos falecidos en Verín procedian da residencia Val de Monterrei e os dous homes de 77 e 92 anos e a muller de 90 procedían da residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar.

Con estes sete falecementos son xa 815 os falecidos en Galicia desde o inicio da pandemia. Esta segunda vaga levou a vida de 196 persoas.