Sete mortos nun tiroteo na República Dominicana
Publicado o 25/07/2021 01:45

Juan Manuel Santana, o agresor abatido
Na República Dominicana axentes da Policía abateron un home que previamente matara seis persoas na cidade de Higüey, no leste do país caribeño. Os feitos están baixo investigación. O agresor foi identificado como Juan Manuel Santana e comezou o tiroteo contra unha muller nun comercio. Logo fuxiu do local disparando de xeito indiscriminado, matando outras cinco persoas e ferindo un número aínda non determinado de viandantes. O home foi perseguido polos axentes, que finalmente conseguían abatelo. Esta persoa recibira atención psiquiátrica no pasado.