CRTVG

Buscar

Sete millóns de litros de albariño xa se venden a 70 países do mundo

Publicado o 14/05/2019 14:31

Dos 25 millóns de litros da colleita do ano pasado, 7 vendéronse en 70 países do mundo por valor de 40 millóns de euros.

Que as adegas pequenas cheguen aos mercados internacionais e que aumente o valor das exportacións son os dous obxectivos fundamentais da Denominación de Orixe Rías Baixas. A estabilización das colleitas, que permite regularizar o abastecemento, outorga marxe para medrar.

Os Estados Unidos é o principal cliente destes viños que este mesmo mes viaxarán por primeira vez a Corea e Singapur.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019