CRTVG

Buscar

Sete hoteis de Santiago acollen o 'Hotel Wedding Days', para noivos e as súas futuras vodas

Publicado o 07/04/2018 21:34

Santiago acolle esta fin de semana o Hotels Wedding Days, unhas xornadas nas que sete hoteis emblemáticos da cidade decoran e visten os seus diferentes salóns para amosar aos futuros noivos como sería a súa voda nas súas estancias.

Imaxinas como sería a túa voda nun emblemático hotel da capital galega? As flores, a tarta, unha discoteca dentro dunha adega, a louza, os decorados ou un claustro como salón do evento. Pois sete hoteis de catro e cinco estrelas de Santiago abren as súas portas esta fin de semana aos futuros noivos e parexas, para que vexan in situ diferentes postas en escena posibles para a súa voda.

Jorge Sanmartín, director do San Francisco Hotel Monumento: "É unha ocasión única para todos os noivos, para ver diferentes opcións. No noso caso, o que ensalzan é a beleza dos espazos, a amplitude, os detalles... E niso poñemos o acento".

Julio Castro, director do Parador Hostal dos Reis Católicos: "Cada vez temos máis vodas de xente que non é de Santiago, que ven de Madrid e de outros lados, entón é unha oportunidade de ter todos aberto, para que eles tamén poidan observar. O que máis lle gusta a xente é a historia que ten este edificio, a arquitectura, iso é o que fai que sexan vodas con moito estilo, diferentes, máis románticas".  

Ata o domingo o Parador Hostal dos Reis Católicos, o San Francisco Hotel Monumento, o AC Palacio del Carmen, Oca Puerta del Camino, o NH Collection Santiago de Compostela, o NH Hespería Santiago Peregrino e o Gran Hotel Los Abetos permanecerán vestidos de voda, para os futuros casamenteiros.

 

Noticias web

07/04/2018