CRTVG

Buscar

Sete feridos tras chocar un camión contra un turismo parado na A-8 en Lourenzá (Lugo)

Publicado o 18/12/2019 17:43
Sete feridos tras chocar un camión contra un turismo parado na A-8 en Lourenzá (Lugo)

Sete persoas, entre elas tres menores, resultaron feridas este mércores nun accidente de tráfico ocorrido no municipio lucense de Lourenzá, cando un camión chocou contra un turismo parado na autovía A-8. 

Segundo informou o 112-Galicia, o accidente produciuse pouco antes das 15.00 h, no quilómetro 532 da A-8, en sentido Lugo, cando un camión chocou contra un turismo que se atopaba parado nas marxes da autovía.   

Tanto os seis ocupantes do coche como o condutor do camión tiveron que ser trasladados polo 061 a centros hospitalarios. Os tres menores tiveron que ser excarcerados polos Bombeiros de Barreiros, xa que quedaran atrapados no turismo. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil de Lourenzá, o GES da Pontenova e Garda Civil de Tráfico.

Máis sobre Lourenzá