CRTVG

Buscar

Sete feridos en protestas contra actos a favor da Constitución en Cataluña

Publicado o 06/12/2018 21:24

Novos enfrontamentos en Cataluña. Esta tarde, os axentes tiveron que intervir en Terrasa contra uns radicais que protestaban por un acto de Vox. Hai 7 feridos, 5 deles son mossos.

 

E, pola mañá, nun acto a favor da Constitución en Xirona rematou en batalla campal.
Os Mossos cargaron contra os convocados pola plataforma antifascista. Os manifestantes intentaban rebentar unha concentración apoiada por Vox, PP e Ciudadanos. Chegaron a tirar os valados da zona para acceder á praza, na que se congregaban os membros do movemento 'Borbonia' baixo o lema "Unidos pola Constitución". Hai un detido e catro axentes feridos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018