CRTVG

Buscar

A Revista

Sete dos dez videoclips máis vistos en YouTube en 2017 son de artistas latinos

Publicado o 07/12/2017 13:25
Aínda acabamos de comezar decembro, como quen di, pero xa temos as primeiras listaxes do que deu de si este 2017. Neste caso, o dos vídeoclips máis vistos en Youtube.



Dos dez primeiros, sete pertencen a artistas latinos. E seguro que xa adiviñaron cal foi o máis popular... o 'Despacito' de Luis Fonsi e Daddy Yankee, que ademais superou a marca histórica de máis visualizacións. Por detrás del, nomes como o do colombiano J Balvin ou o polémico Maluma con 'Felices los 4'. Bruno Mars, de orixe portorriqueña, ou Nicky Jam, que en 2016 se coou na lista co único tema en español, danlle paso ao décimo posto, ocupado polo 'Súbeme la radio' de Enrique Iglesias.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

07/12/2017