CRTVG

Buscar

Sete detidos na Coruña acusados de estafar vendedores da ONCE

Publicado o 09/11/2019 20:08

A Garda Civil detivo sete persoas na Coruña acusadas de cometer estafas, a maioría a vendedores da ONCE.. Supostamente, pedíanlles recibos de pago con códigos seguros e marchaban coa escusa de ir buscar efectivo tras gravar os códigos, que facían chegar a un cómplice que os convertía en efectivo deseguido en casas de apostas. Sábese de 31 casos, en Cambre, Betanzos, Miño, Arteixo, A Coruña e Ferrol e investígase se pode haber máis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2019