CRTVG

Buscar

Sete detidos en Ribadeo con 500 quilos de cocaína

Publicado o 29/10/2020 13:50

A Garda Civil detivo sete persoas e incautouse de 560 quilos de cocaína nunha vivenda de Ribadeo.

Os axentes chegaron á localidade luguesa desde Pontevedra seguindo o rastro dunha organización de narcotraficantes con sede na comarca do Salnés.

Entre os detidos está Gerardo Rial, integrante do coñecido clan vilagarcián dos Pasteleiros.

A droga comisada tería no mercado un prezo superior ao 15 millóns de euros.

Noticias web

29/10/2020