CRTVG

Buscar

Sete de cada dez españois pensan que os impostos non se cobran xustamente

Publicado o 04/08/2021 14:48
Sete de cada dez españois pensan que os impostos non se cobran xustamente

Sete de cada dez españois pensan que os impostos non se cobran xustamente e o 90 % cre que en España hai moita fraude fiscal.

Son as conclusións do estudo anual do CIS sobre política fiscal. Case a metade dos contribuíntes consideran que pagan moito en impostos e que despois a sociedade se beneficia pouco deses ingresos. Por exemplo, na sanidade. O 70 % dos enquisados considera moi insuficientes os recursos destinados a ese servizo público.

Noticias web

04/08/2021