CRTVG

Buscar

Sete concellos repártense os 1,5 millóns de axudas da Xunta para a creación de viveiros de empresa

Publicado o 15/04/2019 13:38

Sete concellos repártense os 1,5 millóns de euros en axudas da Xunta para a creación de viveiros de empresa nos parques industriais de Galicia. Está previsto que se implanten 29 empresas nunha superficie total de máis de 5.400 metros cadrados.

Catro dos concellos beneficiados pertencen a Lugo e un a cada unha das outras provincias galegas.
O Corgo, Silleda, Paradela e Castro de Rei recibirán a axuda máxima, e cantidades menores As Somozas, Vilar de Santos e Portomarín.

En seis casos está prevista a construción de naves novas e nas Somozas renovaranse as instalacións existentes.

"Vinte e nove empresas que serán acollidas nestas naves industriais, a superficie total destinada ás mesmas será de 5.459,59 metros cadrados e a superficie total destinada en servizos comúns para estas 29 empresas será de 1.019,13 metros cadrados".

Nos últimos tres anos outros oito concellos galegos recibiron axudas para a creación de viveiros empresariais en polígonos industriais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019