CRTVG

Buscar

Sete concellos entran en alerta de nivel medio alto ao empeoraren os seus datos

Publicado o 16/12/2020 14:17

Os veciños están facendo xa os últimos recados antes do peche co que quedarán perimetrados dende esta medianoite Santa Comba, Negreira e Mazaricos.

A medida era esperada ante o goteo continuo de contaxios. En Santa Comba rexistraron 46 casos en dúas semanas.

A mobilidade non é a unica que se verá afectada. Endurécense as restricións na hostalería e os encontros redúcense a grupos de 4 persoas.

Entran tamén no grupo Fisterra, Rodeiro, Carnota e a Illa. En total 33 concellos están neste nivel medio alto de alerta.

Noticias web

16/12/2020