CRTVG

Buscar

Sete anos de cadea para un preso de Teixeiro por pegar a outro cunha barra de ferro

Publicado o 29/09/2021 14:25
Sete anos de cadea para un preso de Teixeiro por pegar a outro cunha barra de ferro

A Audiencia da Coruña condenou a sete anos de cárcere un preso de Teixeiro. Considérano autor dun delito de lesións agravadas por agredir outro interno, que era o encargado do ximnasio da prisión. Empregou unha barra metálica das que se empregan para facer pesas.

O tribunal tivo en conta a agravante de multirreincidencia, porque o condenado xa fora sentenciado en tres ocasiones por delitos de lesións.

Noticias web

29/09/2021