CRTVG

Buscar

Sete afectados nun gromo familiar en Vilamarín e catro nun do Barco de Valdeorras

Publicado o 20/08/2020 20:46

Detectan dous novos gromos na área sanitaria de Ourense. Un, no Barco de Valdeorras, afecta 4 membros da mesma familia, dous adultos de mediana idade e dous menores.

O outro está no concello de Vilamarín. Ata agora hai 7 positivos, pero continúa o rastrexo de contactos.

Sospéitase que o gromo se orixinou a pasada fin de semana tras unha celebración familiar fóra do municipio. Entre os afectados tamén hai dous nenos.

Debido á aparición deste foco, Sanidade restrinxiu as visitas á residencia sociosanitaria Santiago Apóstol, situada no municipio.

Noticias web

20/08/2020