Telexornal Mediodía
Sesión de control ao Goberno: Rivera pídelle a Sánchez que publique a súa tese de doutoramento e el di que xa está publicada
Albert Rivera cambiou a pregunta que tiña prevista sobre Cataluña. Introduciu no debate a dimisión da ministra de Sanidade e acusou a Sánchez de ocultar a súa tese de doutoramento. Pediulle que a publique para disipar dúbidas. O presidente respondeu que está colgada na base de datos de Teses Doutorais. E na mesma resposta referiuse á dimisión de Montón. Dixo que onte foi un día triste porque perdeu unha amiga como ministra e loou o seu traballo á fronte da carteira.
Foi un cara a cara con bastante tensión e, de feito, o Goberno vai presentar unha queixa formal á presidenta polo xeito de dirixilo. Cren que Ana Pastor debeu obrigar a Rivera a cinguirse á pregunta que tiña rexistrada, sobre Cataluña, e deixarlle claro a Sánchez que non tiña por que responder á nova pregunta. Fontes da presidencia responden que os membros do Goberno coñecen perfectamente as súas obrigas no pleno.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí