Servizos dun só uso nun restaurante de Caión como medida anticoronavirus
Durante os dous meses de confinamento, os propietarios do restaurante Asteria de Caión, na Costa da Morte, pensaron na mellor fórmula para combater o coronvirus no momento de abrir. E decidiron usar cubertos e vasos de pástico e servir as racións nos envases da comida para levar.
Guillermo Iglesias, propietario e xerente da Cafetería-Restaurante Asteria: "Cada cliente ten o seu tuper, que usa el só e que despois vai para o lixo.Todo de usar e tirar. Empaquetamos todo, envasamos todo, e así ninguén está en contacto con vaixela nin utensilios".
Tampouco hai cartas que os clientes poidan tocar. Para elixir o menú hai pizarras e un código QR para quen prefira mirala no móbil. E cando marchan os ocupantes dunha mesa, os seguintes teñen que agardar.
"Á parte de toda a desinfección do local, fóra e dentro, sempre que se levanta un cliente desinfectamos todas as mesas e todas as sillas".
Esta fin de semana traballaron seis persoas. Como o comedor interior non pode abrir e a terraza está ao 50 por cento, quedan aínda empregados con ERTE.