Servizo de Medicina Nuclear do CHUS, Centro PET de Excelencia
Publicado o 16/07/2021 15:12
O traballo do Servizo de Medicina Nuclear do CHUS recibiu o recoñecemento como Centro Pet de Excelencia. Unha acreditación internacional importante polas oportunidades que lle ofrece ao Servizo.
O ano pasado no CHUS realizaron 3.902 probas PET. Os beneficiarios destas exploracións por imaxe son maioritariamente doentes oncolóxicos, en especial os que teñen tumores neuroendocrinos.
Para a doutora Pubul, o futuro de moitos diagnósticos e tratamento vai estar na medicina nuclear.