Servizo a domicilio para non ter que pechar; a hostalería busca alternativas
A hostalería é un dos sectores máis afectados polos ERTE a consecuencia das restricións. Para tentar seguir traballando, son moitos os negocios que optaron por reinventarse e incorporar o servizo a domicilio. Atenden os seus clientes e mesmo hai quen ve como os pedidos aumentan.
O teléfono soa. Menos do que lle gustaría a Miguel, pero cada chamada dálle folgos para rematar o mes. A Covid freou o proxecto que iniciara hai un ano canda a súa dona, Sesé. Cambiando o local que tiñan en Xinzo por este en Santiago.
Tamén nesta cociña os fogóns soben a potencia para atender pedidos. A Ana, o confinamento colleuna en marzo, estreando un novo local no centro de Santiago. Tivo que reinventarse. Xa daquela serviu a domicilio. E, di, acertou.
Non está a ser doado pero queren manterse abertos. Cren que o cliente non ten que renunciar a un peche forzado saboroso. E se non pode sentar no comedor. O restaurante vaille á casa.