CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Serramoura trae novas tramas e intrigas paras as noites dos domingos na TVG

Publicado o 08/05/2016 15:17

Asasinatos, intrigas, acción... O universo de Serramoura volve esta noite á Televisión de Galicia. Por fin veremos como serán os primeiros pasos de Evaristo Fiúza como alcalde da vila, como evolucionará a relación entre Diego e Marga e, sobre todo, saberemos quen matou a familia de Olalla no último capítulo da temporada pasada.

Serramoura rematou a temporada anterior co asasinato máis brutal que levamos visto ata o de agora. Unha familia enteira, pai, nai e fillo aparecen asasinados na súa casa. Só sobrevive a filla que é testemuña de todo.

A conmovedora Olalla é a principal pista da Garda Civil e Kike aproveitará a confianza que ten coa nena para avanzar na resolución do caso.

A quen se refire a nena é o que teñen que descubrir os axentes da garda civil, con Marga Neira e Diego Bazán á cabeza. E unha vez máis chocan coa mesma constante en Serramoura.

Hai outros temas que quedaron pendentes da temporada anterior. O papel que vai xogar Evaristo Fiúza coma alcalde, o futuro do serradoiro, e tamén outras cuestións vencelladas ás relacións persoais.

Serramoura volve esta noite despois de tres temporadas anteriores nas que foi un grande éxito de audiencia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí