CRTVG

Buscar

Sergio ten claro que o Celta atopou a liña a seguir

Publicado o 01/12/2019 14:23
O Celta deixou a porta a cero por cuarta vez

Por cuarta vez no que vai de temporada e case dous meses despois da última, a porta do Celta volveu quedar a cero. O partido fronte ao Valladolid deixou boas sensacións a nivel defensivo. Por non encaixar e, sobre todo, por non conceder practicamente ocasións.

Sergio, o porteiro do Celta, considera que neste aspecto é  "onde comezan a funcionar as cousas. Creo que, xa che digo, na primeira parte si que tiveron algunha chegada con máis perigo pro na segunda parte apenas tiveron chegadas e eso é traballo do equipo, non só do porteiro e da defensa, de todo o equipo, de como traballan e como presionan, que é fundamental"

Superados os primeiros 30 minutos de desarranxo, o Celta soubo facerse dominador. Fallou a definición, a clarividencia nos últimos metros. "O equipo ten moito gol e non teño ningunha dúbida de que imos facer goles e se non encaixamos imos gañar. A veces estas cousas pasan e o fútbol non che dá todo o que lle dás pero temos claro que este é o camiño a seguir, a liña a seguir", afirmou Sergio.

O gardameta do Celta tira de experiencia nestas coxunturas complicadas. "Neste caso hai que gañar partidos para saír canto antes de aí pero sen volverse tolos xa que é importante ter calma neste tipo de situacións".

Sergio é o supervivinte do maleficio que afecta á portería do Celta. Mancado o titular habitual, Rubén Blanco, que xa ultima os eu regreso. O meigallo exténdese a Iván Villar, que estará fóra os próximos tres meses e incluso ao gardameta do filial, Álvaro Fernández, o peor parado de todos eles cunha lesión que o manterá de baixa toda a temporada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/12/2019