CRTVG

Buscar

Sergio Ramos asina polo París Saint Germain

Publicado o 01/07/2021 20:15

Sergio Ramos xogará no Paris Saint Germain. Non é aínda oficial, pero así se da por feito en diversos medios tanto franceses como españois. Ramos asinaría por dúas temporadas, as dúas que lle pedía ao Madrid, pero o club no que militou 16 anos só lle ofrecía unha. Nas vindeiras horas o central sevillano viaxará a París para pasar o recoñecemento médico e nuns días formalizaríase o contrato. O salario, segundo algunhas fontes, sería similar ao que tiña en Madrid, uns dez millóns de euros netos por tempada.

Noticias web

01/07/2021