CRTVG

Buscar

Sergio Álvarez: "Parece que co novo adestrador a sintonía é boa"

Publicado o 25/11/2019 21:10

"Espero que isto sexa un punto de inflexión. Hai que enlazar unha segunda vitoria o venres. Parece que co novo adestrador a sintonía é boa".

A volta de Sergio Álvarez á portería coincidiu coa primeira vitoria do Celta de Óscar García. Confirmáronse as boas sensacións que deixou na visita ao Barcelona.

Óscar García: "Gañar aquí é un golpe moral. Referendamos o que amosamos no Camp Nou".

O seu empeño por recuperar a Pione Sisto está a dar resultado.

"A miña primeira idea era coñecer a ben todos os xogadores para convencelos do que queremos que fagan, que hai xogadores de moito nivel".

O dobrete de Iago Aspas é unha gran noticia para o Celta. A carreira que botou no minuto 90 para marcar o terceiro, e a resolución da xogada, achegan o moañés á súa mellor versión. E tiña que pasar en Vilarreal.

Sergio: "Vai haber que xogar sempre aquí. Dásenos ben este campo".

Quen non saíu contento foi Okay. Suplente outra vez, borrou dos seus perfís na redes sociais as referencias ao Celta. O mercado de inverno está a chegar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/11/2019