CRTVG

Buscar

Sergio Díaz, fichaxe "desexada" para o Lugo

Publicado o 12/08/2017 15:11

Mañá tamén pecha o Lugo o seu ciclo de preparación. Faino en Foz diante da Ponferradina. O equipo de Francisco vai tomando forma. Onte foi presentada a última incorporación. Sergio Díaz chegou cedido por unha temporada desde o Real Madrid Castela. Só ten dezanove anos, pero xa é internacional absoluto con Paraguai e ten experiencia na Copa Libertadores. Un futbolista ofensivo e con chegada, unha aposta decidida do club lugués neste mercado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017