CRTVG

Buscar

Sergio Cotilla, capitán do Rápido de Bouzas: "Este soño non finaliza"

Publicado o 14/02/2018 15:44

 

Os que non reciben polo momento ofertas do fútbol chinés son os xogadores do Rapido de Bouzas. E non é por falta de méritos. Se cadra, por iso, algúns teñen que compaxinar o fútbol co traballo.

Un exemplo é o capitán Sergio Cotilla. 

Son as cousas do fútbol semiprofesional: un horario para estar coa pelota e outro para estar no traballo. Coti é delineante nunha empresa de automoción. E os luns do Rápido ultimamente son días para que un vaia cun sorriso á oficina. 

Capitán do equipo revelación da Segunda B. Empatado a puntos co segundo clasificado. Logrou 17 dos últimos 21 puntos. Ser o equipo de moda nótase. Pois iso. Que o equipo de moda está a gusto por aí arriba.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018