Sergio Carreira ampliará o seu contrato co Celta por unha temporada máis e xogará cedido no Mirandés
Publicado o 19/07/2021 15:55
Desbloqueada a situación de Sergio Carreira no Celta. Carreira vai ampliar o seu contrato por unha temporada máis e xogará cedido no Mirandés.
E mentres, o resto do equipo afronta a segunda semana preparación en Marbella con dobres sesións de traballo. Como ven, Coudet incide moito no traballo físico, onde xogadores como Nolito e Aspas tamén teñen que botar o resto. Por diante tres amigables, ante o Sanluqueño, Bayer Leverkusen e Wolverhampton, antes de iniciar a liga ante o Atlético de Madrid.