CRTVG

Buscar

Sergi Vidal queda no Breogán

Publicado o 02/01/2019 17:48
Sergi Vidal queda no Breogán

E confirmouse. Sergi Vidal continúa no Breogán. O Breogán non puntualiza ata cando, pero entendemos que Sergi Vidal rematará a temporada en ACB. O seu contrato por tres meses expiraba o luns trinta e un de xaneiro.

Sergi Vidal foi o xogador máis empregado por Natxo Lezkano no que vai de liga. Na última xornada anotou vinte e dous puntos en Fuenlabrada. Ten trinta e sete anos.

Noticias web

02/01/2019