CRTVG

Buscar

Sergi Quintela regresa ao Breogán

Publicado o 24/04/2019 19:55

Sergi Quintela ponse ás ordes de Tito Díaz días antes de visitar a pista do Real Madrid. O club recupera o escolta no treito final da competición tras cedelo ao Lleida. O Breogán suma reforzos para amarrar a permanencia na máxima categoría. Quintela asegura que o equipo non baixará os brazos e que nin o pensou cando o representante lle falou de volver.

"Foi todo moi rápido. Chamoume o meu axente e díxome que fixera as maletas, que volvía. A verdade que moi ilusionado dende o primeiro minuto e con ganas de traballar".

O Breogán ten un reto complicado ante o campión de Europa, pero Quintela non desbota repetir sorpresa ante os brancos.

"O obxectivo é competir cada partido, non dar ningún por perdido. Nunca sabes onde podes sumar unha vitoria que che dea a salvación e imos a Madrid con ese obxectivo".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/04/2019