CRTVG

Buscar

Sergi Gómez: "Os números do Atlético falan por si sós"

Publicado o 09/03/2018 10:04

O Celta xogará o domingo ante o Atlético de Madrid no Metropolitano. Sergi Gómez sabe o que supón enfrontarse a dianteiros da calidade de Griezmann e Diego Costa. Unzué non quere despistes. 

Unzué conversou en Vigo cos porteiros. O rival do Celta é o Atlético e saben como é o instinto dos equipos de Simeone. Un porteiro ou un defensa cometen un erro... e aí aparecen lobos de mar como Diego Costa. Este Atlético vai ser un desafío para a defensa do Celta e tamén para os dianteiros: Maxi Gómez e Aspas contra o equipo menos goleado da liga. 

Gañar no Metropolitano sería un paso de xigante cara a Europa. Ten Unzué a todos listos, incluido  Wass, recuperado dunha lumbalxia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2018