CRTVG

Buscar

Sergi Gómez: "Para conseguirmos o obxectivo final hai que ir a morte nestes partidos"

Publicado o 09/02/2018 21:41

 

O domingo recibe o Espanyol en Balaídos, un partido importante no camiño dos de Unzué cara a postos europeos. O Sevilla, nestes momentos sexto clasificado, está a dous puntos. O Celta sabe que para conseguir o seu obxectivo é indispensable converter Balaídos nun fortín. 

O Celta apunta xa con decisión a Europa. Malia o esvarón co Alavés, a sexta praza está a só dous puntos de distancia. O calendario inmediato emparella ao Celta no vindeiro mes co Español, o Xetafe, o Eibar, o Xirona e As Palmas. Rivais ante os que convertir o soño europeo nun obxectivo cercano.

No adestramento deste venres Hugo Mallo traballou xa ao mesmo ritmo cos seus compañeiros se ben aínda non recibíu a alta, por se acaso, Unzué dialoga con Wass sobre cómo lle buscar as voltas á defensa do Español.

O camiño de Europa para o Celta pasa por facerse forte en Balaídos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018